- Anos 2018, 2019
- Cliente Xabier Díaz
- Web xabierdiaz.com
Dos primeiros sopros de Xabier nunha gaita de fol nos albores dos 80 ata Coplas Para Icía (2007) pasaron case 30 anos. A súa curiosidade facilitou a chegada de experiencias que se sucederon tendo sempre a música pop(ular) no horizonte: Xacarandaina, Rumbadeira, os primeiros traballos de campo, unha incesante actividade docente, asociacións, concursos, certames, etc. Logo chegou a Nova Galega de Danza e despois Berrogüetto chamou á porta de Xabier a inicios de 2008 e a viaxe durou até 2014.
Grandes parceiros e amigos seus foron Guadi Galego, Guillermo Fernández e Xosé Lois Romero, cos que participou no proxecto aCadaCanto e cos que editou aCadaCanto (2012) e A Rosa D`Adina (2014). No ano 2015 editou The tambourine man xunto ás Adufeiras de Salitre, galardoado como o mellor disco galego nos Premios de la Música Independiente (2016) e o mellor álbum na categoría de música tradicional dos Premios Martín Códax da Música Galega (2016). En 2018 chegou Noró (Algunhas músicas do norte) Músicas de Salitre 2018 ©, un novo traballo compartido coas Adufeiras de Salitre que pon acento nas músicas que habitan o noroeste peninsular.
- Anos 2018, 2019
- Cliente Xabier Díaz
- Web xabierdiaz.com