En liña coa imaxe empregada na primeira edición, de novo empréganse unhas lentes como eixo sobre o que vertebrar o traballo da Escola de Empoderamento Feminista, pero con dous protagonistas: dúas mulleres maiores que as empregan, que, á marxe da súa idade, seguen traballando na conquista dos dereitos que as pertencen. Toda unha vida de loita que ten a día de hoxe unha nova ferramenta que contribúe de xeito activo e colabora na mellora da sociedade.