- Ano 2020
- Cliente Sereas Ohiala
Unha empresa destinada a durar. Que sexa herdanza para as seguintes xeracións. Cun firme propósito de coidar da materia prima, da contorna e con especial interese en formar parte da comunidade que a rodea. Eses son os principios da compañía Sereas Ohiala e iso é o que tiña que transmitir a súa identidade corporativa.
Había mil recursos para vincular a súa imaxe co mar pero eliximos unha serea simplificando os seus elementos e creando un símbolo “amable” que recollese os principios sociais da propia empresa. E así naceu a base gráfica de Sereas Ohiala, unha persoal serea que mostra o seu coidado polo produto e a contorna.
Fotos de Lucía Voces.
- Ano 2020
- Cliente Sereas Ohiala