- Cliente Concello da Coruña
- Ano 2020
Coruña 30 é a campaña do Concello da Coruña para baixar a velocidade na maioría das rúas, converténdoa nunha Cidade 30, con menos ruído, menos contaminación e menos perigo para bicis e peóns. Unha cidade máis amable para todas.
Desde Coma desenvolvemos en primeiro lugar un claim acaído e que estivese en liña cos obxectivos da campaña. Unha frase directa que amosa a vinculación entre a limitación na velocidade e a construción dunha cidade mellor. Menos velocidade, máis cidade.
De aí e tentando destacar os aspectos positivos da medida, elaboramos unha imaxe gráfica amable, que destaca os valores positivos e que se completa cun vídeo de animación para o que contamos de novo coa axuda do noso colaborador Xaime Beiro; unha cuña radial; e diferentes insercións en prensa escrita.
- Cliente Concello da Coruña
- Ano 2020