- Ano 2021
- Cliente CEIDA
Campaña para a conservación das aves nas comarcas do Golfo Ártabro, así como o seu ecosistema e os seus medios de vida.
As comunidades de aves mariñas da Costa Ártabra son un orgullo para todos e todas, e tamén unha responsabilidade. O noso territorio é un espazo natural compartido entre as xentes do mar e as aves procedentes dos lugares máis dispares do planeta. Coidando del, coidamos tamén o noso modo de vida. Compartindo espazos.
No marco desta campaña e en colaboración estreita co CEIDA, desenvolvemos unha acción sostida en prensa e redes sociais. Notas de prensa, creatividades, minivídeos, propostas de quiz para interatuar coa comunidade… un plan integral de accións para colaborar na conservación dun dos nosos maiores tesouros.
- Ano 2021
- Cliente CEIDA