- Ano 2019
- Cliente Artestudio
- Web www.artestudioxestioncultural.com
Artestudio é unha empresa adicada á formación en diferentes disciplinas artísticas, á xestión cultural, coordinación de proxectos culturais e artísticos e á realización e organización de espectáculos: danza, teatro, animación, música…
En Coma Comunicación Creativa realizamos a renovación completa da súa web, na que puideran atoparse todos os traballos de Artestudio dun xeito doado e visualmente agradable. Trátase dunha web intuitiva, cunha navegación fácil e atractiva, que permite que a persoa visitante desfrute do proceso de consulta.
Polas diferentes actividades que desenvolve Artestudio, a súa páxina web tiña que encaixar todas as súas disciplinas dun xeito ordenado, para mostrar todos os seus traballos e transmitir fielmente a experiencia e portfolio da compañía.
- Ano 2019
- Cliente Artestudio
- Web www.artestudioxestioncultural.com