- Año 2016, 2017,2018
- Cliente AIRE
Esta Asociación nace polo ánimo de varios bombeiros da provincia da Coruña e desenvolve proxectos humanitarios e iniciativas a favor de persoas refuxiadas en Grecia así como noutros países europeos e Galicia.
Desde Coma acometeuse a renovación do seu logotipo e da web, un coidado traballo que tiña que axuntar o seu labor e obxectivos na súa gráfica así como a identificación no terreo como asociación de axuda humanitaria internacional. O logotipo tiña que ser universal e recoñecible en calquera país e situación; o resultado, un símbolo elaborado co S.O.S. como mensaxe de alcance global. A web modernizouse para transmitir a imaxe de solvencia desta organización de axuda humanitaria, para coñecer os proxectos nos que traballan e, ademais, favorecer a captación de persoas socias e colaboracións.
Tamén se traballa no contacto con medios de comunicación para ter unha presenza en xornais, radios e televisións. Ademais, Coma fixo unha campaña de sensibilización e comunicación no ano 2016 que conseguiu reunir preto de 200.000 firmas para traer a uns nenos refuxiados a España cunha gran repercusión mediática. E, o máis importante: posibilitouse traelos desde Grecia.
- Año 2016, 2017,2018
- Cliente AIRE