En Coma Comunicación Creativa estamos moi contentos porque Carlos, o noso Director Creativo é un “ leaper”, o termo molón para definir a quen cumpre anos o 29 de febreiro. De feito, estamos tan contentos por poder celebrar os seus aniversarios que queremos celebrar o de todos os bisestos que hai en España. Si, dos 32.000, incluído Pedro Sánchez. Coñeces a algún?
Pois á lea, poñemos ao dispor de todos os leapers o noso departamento creativo: ides celebrar por fin os vosos aniversarios? Levades 4 anos e queredes facer unha festa? Nós deseñámosvos a vosa invitación para que non mandedes só un whatsapp. E, ademais, o día 29 de febreiro farémosvos un agasallo, PORQUE Os BISESTOS NON CUMPREN TODOS OS ANOS E HAI QUE CELEBRALO.
Só tedes que mandar a bisiesto@coma.gal un documento que acredite que sodes bisestos, leapers ou como queirades denominarvos, cos datos que queredes reflectir na vosa invitación e nuns días terédela no voso mail.